mardi 21 septembre 2010

O USO DA LINGUAXE...ALERTA DO QUE SOMOS

Prezados estudantes

coidado coa linguaxe que empregamos de forma oral, mais tamén, e sobre todo, de forma escrita. Paseando pola vila universitaria por excelencia, en sentido de antigüidade, de Galicia, un amigo tivo o detalle curioso de dar cun anuncio que dicía:

"Nativo da clases de latín"

Entón, claro, tanto el coma eu, comezamos a rir. Nativo de onde? Da Roma clásica?

Coidado co que escribimos. Os desexos de "coller" clientela non deben facernos esquecer o uso correcto da linguaxe.

UNIDADE DIDÁCTICA 1

Contidos da primeira unidade didáctica:

Preámbulo:
  • Lecturas motivacionais sobre a importancia de estudar a cultura latina (e a grega), de Luciano Canfora e do historiador Grant.
Bloque 1. O sistema da lingua latina
  • O alfabeto latino
  • Normas de pronunciación
  • Normas de uso do dicionario
  • O latín lingua flexiva. O sistema de casos. Os valores sintácticos: nominativo, acusativo
  • Lectura e interpretación de textos en latín. Tradución e paráfrase.

Bloque 2. A historia e a evolución da lingua latina
  • A orixe do latín. Clasificación lingüística. Substratos do latín
Bloque 3. A formación das palabras
  • Latinismos, locucións e expresións incorporadas á fala cotiá (I)

BLoque 4. Vías non lingüísticas de transmisión do mundo clásico
  • A expansión de Roma. Fases
  • Presentación do marco xeográfico e histórico da sociedade romana

GROSSO MODO

Hoxe, na clase de francés, ollamos como xurdía a expresión latina grosso modo. Sempre digo que falamos un latín evolucionado, ben mesturado cos elementos lingüísticos (superestratos) que cohabitaron con el e coa incipiente lingua romance. Por iso, a nosa fala está impregnada de expresións, frases feitas e locucións latinas, de tal forma que, como se di no acertado título da tradución do libro de Nathan Grigorieff, falamos latín sen sabelo (Hablamos latín sin saberlo. Citas y expresiones latinas comentadas para comprender el mundo que nos rodea, CEAC, Barcelona, 2006).

Grosso modo é unha expresión comodín que empregamos hoxe, ás veces mesmo de forma esaxerada, nos contextos onde queremos referirnos a algo de forma aproximada. Co seu uso xeralizamos, queremos aludir a algo de forma un tanto vaga e inconcreta, sen detalle. Coma un bosquexo, ou tamén cando procedemos a describir algo de forma moi rápida e xeral.

Provén do latín coloquial e significaba "de maneira burda". Hoxe, loxicamente, esa maneira burda, equivale a asumir, de forma consciente, que explicamos algo de forma doada, convencional, e xeralizando, para facelo entendible:

"O capitalismo é, grosso modo, unha expresión destrutiva da cobiza humana"

É habitual escoitar a grosso modo, uso totalmente incorrecto e que debemos desbotar dunha fala correcta.

Un saúdo do voso profesor

21-setembro-2010.

vendredi 17 septembre 2010

DISCERE IN ANNO MMX-MMXI. HORAE

HORAE
LUNS: 9h55-10h45
MARTES: 9h55-10h45
XOVES: 13h55-14-45
ATENCIÓN NAIS E PAIS: LUNS: 11h05-11h55